«CREATIVIDADE INSTANTÁNEA» con ANTÓN COUCHEIRO  (CURSO 2019-2020)

9-10 OCTUBRO 2019
¡RESERVA A TÚA PRAZA!
Descrición:
Neste obradoiro imos a traballar con técnicas de improvisación teatral, de clown e de teatro físico para aprender a crear escenas ao instante. Darnos a oportunidade de desinhibirnos e expresarnos tal e como somos e de vivir o presente. Un espazo de crecemento persoal para traballar a espontaneidade, a escoita, o humor, a aceptación e, sobre todo, a creatividade. Un entrenamento artístico, unha ximnasia mental e física esencial para actores e actrices, unha práctica útil e divertida para todas as persoas.

Imparte: ANTÓN COUCHEIRO
Nº de participantes: mínimo 6 máximo 20
Datas: 9-10 OCTUBRO 2019
Dirixido a: todas as persoas
Duración: 16 horas
Coste: 100 € /// Socias/os AGAMUS e APM: 80 €

ANTÓN COUCHEIRO https://antoncoucheiro.wixsite.com/sonambulo é actor, director, dramaturgo e clown. 15 anos como profesional das artes escénicas e do audiovisual con cías galegas (Chévere, Matarile, CDG, etc) e estranxeiras (Brasil, Rep. Checa, New York), coas súas propias (PistaCatro, TheMomento, Arrepentimentos de Padrón) e en solitario espectáculos para teatro e rúa (Cigânì, Psicópata, Múltiple, Smart, Sonámbulo). Como docente ten impartido cursos de clown e de impro en Galiza, así como en numerosos outros países (Colombia, Perú, Costa Rica, Portugal, Brasil, Moçambique, India, República Checa, etc.)

INSCRICIÓN: PINCHA AQUÍ