LABORATORIO DE TEATRO ESPONTÁNEO” con ANTÓN COUCHEIRO (CURSO 2019-2020)
De outubro 2019 a xuño 2020
¡RESERVA A TÚA PRAZA!

Descrición:
Neste Laboratorio de Teatro Espontáneo, imos aprender a realizar creacións colectivas improvisadas, nas que os espectadores tamén son creadores e intérpretes das pezas. Integraremos teatro, danza e música aplicando técnicas de creación en directo. Unha experiencia única en cada sesión, na que os participantes non necesitan ter experiencia previa en ningunha disciplina artística para poñer na escena a súa creatividade.
Pódese asistir independentemente a cada unha das sesións, que consistirán nunha primeira parte de introdución e quecemento, e outra de creación colectiva en directo. En cada sesión investigarase con diferentes técnicas da improvisación teatral, do happening, do teatro espontáneo, do psicodrama de Levy Moreno, do autoteatro de Rotozaza, do teatro playback de Johnatan Fox, do soundpainting de Walter Thompson, e do teatro-foro de Augusto Boal.

Imparte: ANTÓN COUCHEIRO
Día da semana: Domingo
Horario: 16h a 20h
9 Datas: 27 octubro, 24 novembro, 29 decembro, 26 xaneiro, 23 febreiro, 29 marzo, 26 abril, 31 maio, 28 xuño
Dirixido a: todas as persoas
Nº de participantes: mínimo 10, máximo 30
Coste total: 350 €
Coste por cada encontro: 40€ Socias/os de AGAMUS e APM 30€

INSCRICIÓN: PINCHA AQUÍ